Pasteleria Obradoiro
Xa o facían os nosos antepasados, utilizaban os recursos naturais ao seu alcance.
Sen présa, pero co coñecemento adquirido a través dos anos elaboraban o pan da forma máis natural.
Fariña, auga e tempo
son os tres ingredientes esenciais para chegar a obter a auténtica masa nai.
O segredo é o tempo, o transcurso deste sobre a mestura de fariña e auga fan que a microbiota propia da fariña actúe gasificando e acidulandola.
Unha vez obtida unha masa nai activa e con propiedades aromáticas xa podemos utilizala para a elaboración do auténtico pan artesán.
Pan único
Engadimos unha alta hidratación ás masas, feito que lle confire ao pan unha faragulla húmida e unha cortiza crujiente. Factores estes, que garanten unha conservación do pan prolongada.